Composteleo

martes, 31 de enero de 2023

Opinións de lecturas

 

O ALUMNADO OPINA das SÚAS LECTURAS

Manuel Villaverde Framil, do C.S. Dirección de Servizos, oferta modular dános a súa opinión do

 libro “Botcham”, de Natsume Soseki. Segundo a reseña da contraportada “unha das novelas máis celebradas polos lectores do Xapón: conta a historia dun profesor que é enviado a dar clase de matemáticas a un pobo perdido dunha das illas do arquipélago xaponés e alí atoparase cunha serie de situacións inverosímiles coas que terá que lidiar.

               Na miña opinión, o propósito do libro é satirizar diversos mitos e costumes do Xapón da época (hai cen anos), tanto o papel dos Mestres na sociedade (“sensei”) como a retitude da cultura xaponesa, empregando para iso unha narrativa burlesca pero con humor doutras épocas e latitudes. O tradutor resalta a dificultade tanto de que o humor, en xeral, sobreviva ao paso do tempo, como que o resultado da traducción poida non ter o mesmo éxito que na escritura orixinal.

               Para min, pode ser un bo libro para lectores que se están a iniciar, pero que non aportará moito aos máis experimentados. O que si me gustou foron as similitudes dos “personaxes colectivos” (o profesorado, o alumnado) e os motes que o protagonista pon aos mestres. Recordan a outros libros que teño lido recementemente, “El lector de Julio Verne” de Almudena Grandes.




miércoles, 14 de diciembre de 2022

Encontro coa autora gañadora do premio da XV edición de album ilustrado Compostela

 

Esta semana tivemos a ocasión de contar no noso centro coa autora gañadora da XV edición do premio Compostela co album ilustrado "Esperando o amencer" Fabiola Anchorena, acompañada da responsable de educación e cultura do concello Beatriz Varela, a directora comercial da editorial Manuela Rodriguez así como algúns membros da editorial.




 A autora e ilustradora comparteu co alumnado de Ciclo Superior de Educación Infantil o procedemento de elaboración do album no que a autora relata como os animais da selva da Amazonía non poden ver nin estrelas nin o sol debido aos incendios ata que a choiva volve a mostrarno toda a cor da selva.





viernes, 25 de noviembre de 2022

Lecturas para o 25 N

 




Leo e Sheila, voluntarias da biblioteca seleccionaron lecturas para conmemorar o Día Internacional da eliminación contra a violencia da muller.

martes, 15 de noviembre de 2022

Día da ciencia no CEIP Lamas de Abade



     Com  motivo da celebración do día da ciencia, o alumnado de Ciclo Superior de Educación Infantil desenvolveu actividades de experimentación coa cor co alumnado de infantil do CEIP Lamas de Abade a partir dos albumes ilustrados "Un libro" de hervé Tullet, "O monstruo das cores" de Ana Llenas, e "O burriño verde de Anuska Allepud









 

lunes, 14 de noviembre de 2022

Compartindo con Daniela "A árbore vermella"


                 Compartimos con Daniela, alumna de Integración social, a experiencia da lectura do álbum ilustrado A árbore vermella. Encontro no que conversamos sobre os tempos difíciles, a forza interior, a esperanza... 

                        Grazas por este agasallo



jueves, 27 de octubre de 2022

Un descanso para lelo xuntos



ACTIVIDADE BIBIOTECA CIFP COMPOSTELA_Curso 2022-23 O equipo da biblioteca do centro, manifesta que: " Cremos no poder das palabras, na imaxinación, na forza multiplicadora que teñen as historias e no potencial de liberdade que se xera nunha sociedade capaz de ler entre liñas, decodificar discursos e multiplicar as capas de sentido para afastarse dunha mensaxe única." Para darlle forma a esta crenza, iniciamos, un Ciclo de Lecturas breves, compartidas na biblioteca. Ímolo chamar: Un descanso para lelo xuntos. Está aberta a toda a comunidade educativa, só temos que dispoñer de ganas e 20 minutos, para ler e conversar ou solo escoitar 

jueves, 13 de octubre de 2022

Encontro coas autoras do ambum ilustrado "Paxaros"

      Esta semana tivemos ocasión de compartir con Natacha Ortega, e Lucía Franco, autora e ilustradora do albun "Paxaros",  a guitarra, a experiencia "Cunario", de animación á lectura para os mais pequenos, que  nos presentaron no centro, agasallándonos coa musicalización en directo acompañadas a guitarra de Mauricio.


        Natache e Mauricio presentáronnos o seu proxecto e mostraron as actividades que desenvolven cos mais pequenos.

Na imaxe podedes acceder ao booktrailer do album ilustrado: